Castro Ribeiras de Lea arrinca coas súas patronais

TerraChaXa
Castro Ribeiras de Lea xa ten listo o programa das súas festas patronais, na honra de San Roque e Dulce nome de María, e que teñen as súas datas de celebración para os días 2, 3, 4 e 5 de agosto.
Captura de pantalla 2019 07 22 a las 9.59.05
1 Ago 2019

Castro Ribeiras de Lea xa ten listo o programa das súas festas patronais, na honra de San Roque e Dulce nome de María, e que teñen as súas datas de celebración para os días 2, 3, 4 e 5 de agosto.

As celebracións darán comezo o venres 2 co disparo do primeiro foguete e a inauguración da iluminación das festas por parte do alcalde. Acto seguido haberá unha sesión de bombas de palenque anunciando o comezo das mesmas e máis tarde será a verbena cos grupos Xacobeo e D'Nika.

O sábado 3, que será o día grande, a actividade comezará pola maña cos disparo de bombas ás 11:30 horas, seguido da misa maior ao mediodía e despois a sesión vermú a cargo novamente de Xacobeo. Non faltará a verbena da noite na que o prato forte será a actuación dos grupos Assia e Tekila.

O domingo 4 tamén haberá tempo para os oficios relixiosos que serán ás 13:30 horas, pero xa pola mañá ás 12:00 sairán os pasarrúas coa Charanga de Vilalba. Ás 14:15 haberá unha tirada de fogos de ruido seguido do pregón que estará a cargo de Ana Lage González, meteoróloga de Meteogalicia.

Máis tarde comezará a sesión vermú amenizada por Ritmo Joven, e pola tarde ás 18:00 horas haberá xogos e inchables para os máis pequenos, ademais non faltará a popular festa da escuma e unha actuación do mago Óscar Bello.

Ás 22:30 horas comezará a verbena a cargo de novo de Ritmo Joven e despois actuará o Combo Dominicano. Ás 01:30 horas haberá unha sesión de fogos de artificio e luces e despois seguira a música.

Xa para rematar as festas o luns día 5, a xornada comezará coa misa ñas 13:30 horas seguida da procesión. Ás 14:30 horas será a sesión vermú a cargo da orquestra La Favorita, que repetirá na verbena da noite xunto con Los Satélites.

Captura
0.15160202980042