Castro Ribeiras de Lea xa ten preparado o seu programa festivo

TerraChaXa | LugoXa
Castro Ribeiras de Lea celebrará as súas festas patronais na honra a San Roque e Dulce Nome de María a primeira fin de semana de agosto.
festas castro ribeiras de lea portada
17 Xul 2023

Castro Ribeiras de Lea celebrará as súas festas patronais na honra a San Roque e Dulce Nome de María como vén sendo habitual a primeira fin de semana de agosto.

As celebracións arrancarán o venres 4 cunha gran churrascada veciñal, á que están invitados veciños e colaboradores destas festas, que todos os anos contan cun elaborado programa festivo.

Novamente a localidade contará con algunhas das orquestras máis destacadas do panorama musical. Abrirá o venres a macrodisco móbil Hermo en sesión verbena para continuar nos seguintes días con Alabama Show (en dobre sesión) e Grupo Beatriz o sábado; Stereo (tamén con dobrete) e Cinema o domingo para rematar o luns con Status (en vermú e verbena) e o Combo Dominicano como peche das celebracións.

As festas contarán co seu apartado relixioso con misa o sábado, domingo e luns ás 13.30 horas e o pregón estará ao cargo do periodista Francisco Campos Freire, natural da localidade, que será o domingo ás 14.15 horas, despois da misa.

Ademais, dentro da programación festiva destacan os pasacalles que comezaran cos Valuros, o sábado ás 12.30 horas, e a da charanga 555 a partir das 11.30 do domingo.

Ademais, na noite domingo, a partir da 1.30 horas haberá unha sesión de fogos de artificio.

As festas contarán co seu apartado específicos para os máis pequenos. O sábado están previstos xogos tradicionais e animación no campo da festa a patir das 18.30 horas e o domingo será a vez dunh agran festa desde las 18.00 ata as 21.00. horas con festa da escuma, inchables, karaoke e mías actividades, a cargo de Total Sport.

festas castro ribeiras de lea
0.13267803192139