Castro solicita unha axuda económica para a redacción do Plan de Protección
O Concello de Castro de Rei solicitou á Dirección Xeral do Territorio e Urbanismo unha axuda económica para acometer a redacción do Plan Especial de Protección do Conxunto Histórico de Castro de Rei por vía de convenio ou similar.
Dende o Concello preténdese poñer en valor o conxunto histórico de esta localidade chairega, declarado por decreto o 4 de febreiro de 1971, a través do planeamento de crecemento, co que se pretende poñer en valor e protexer o urbanimos e as edificiación para marcar as pautas do crecemento respectuoso.
Na ordenanza do Conxunto Histórico, que consta no PXOM, recóllese a obriga da redacción dun Plan Especial de Protección (PEP) neste ámbito delimitado. Ademais, mentres non se aprobe definitivamente o Plan de Protección, a concesión de licenzas precisará da expresa autorización da Consellería competente; non puidendo facerse modificacións nas aliñacións e rasantes existentes, incrementos ou alteracións do volume, parcelación nin agregacións e en xeral cambios que afecten á harmonía do conxunto.
A ordenación delimita ademais un conxunto paisaxístico entorno ao conxunto histórico no que se establece un programa de medidas de protección paisaxística de obrigado cumprimento, encamiñadas ao mantemento da calidade visual no espazo delimitado e vitar ademais usos ou intervencións que menoscaben a adecuada posta en valor do conxunto histórico.
O Concello está a iniciar o proceso de licitación para a redacción do plan especial, e estima que os custes deste proxecto poden oscilar entre os 50.000 e os 60.000 euros, para o que se solicitou a correspondente axuda económica á Xunta de Galicia.