Castromaior acolle a presentación dun libro sobre a figura de Dona Isabel de Castro e o seu legado histórico

Este viernes, 16 de maio ás 20:00 horas, o Local Veciñal de Castromaior (Abadín) será o escenario da presentación da obra Dona Isabel de Castro: Pazos, casas e a fortaleceíña de Castromaior, un libro que afonda na historia, no patrimonio e na pegada cultural desta destacada figura da historia galega e do territorio que a rodea.
A publicación constitúe un valioso achegamento á memoria histórica local e á riqueza arquitectónica da zona, recuperando episodios e espazos vencellados á nobreza galega e ao pasado de Castromaior.
No acto intervirán o alcalde de Abadín, José María López Rancaño, xunto cos co-autores da obra: Antón X. Meilán García, Carlos López Fernández, Andrés García Doural e Abel Vigo García.
Será unha cita ineludible para todas aquelas persoas interesadas na historia, na cultura local e na recuperación das nosas raíces.