Castroverde estrea un dos 18 murais de Rosalía, que se seguirán a facer en colexios da provincia

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
A deputada de Cultura Iria Castro visitou o CPI de Castroverde, onde a muralista Diana Rodeiro, Nana, realizou unha das intervencións artísticas homenaxe a Rosalía de Castro promovidas pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
mural rosalia colexios iria castro
6 Out 2023

A deputada de Cultura Iria Castro visitou o CPI de Castroverde, onde a muralista Diana Rodeiro, Nana, realizou unha das intervencións artísticas homenaxe a Rosalía de Castro promovidas pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

Nas últimas semanas, a artista compostelá pintou a súa obra no IES de Monterroso e no CEIP Ricardo Gasset do Incio, e a vindeira semana comezará a súa intervención no CEIP Rosalía de Castro de Mosteiro, en Pol. Nos vindeiros meses, plasmará a súa creación no IES Lois Peña Novo de Vilalba, no CEIP Península da Paz de San Cibrao, en Cervo, e no CEIP de Navia de Suarna.

Outras dúas muralistas - Sandra Lodi e Lara Torres – realizan obras en homenaxe a Rosalía de Castro en centros educativos das distintas comarcas, contribuíndo a popularizar a súa figura como referencia cultural e feminista. En total, ao longo do ano faranse 18 murais.

As actuacións dan continuidade á iniciativa desenvolvida nos últimos tres anos pola área de Cultura, sumando máis de medio cento de intervencións artísticas de homenaxe a Rosalía.

0.18425703048706