Catro coros ofrecerán 'Unha tarde de ópera' en Vilalba co acompañamento de Aurelio Chao ao piano
TerraChaXa
Os coros Cantar delas, Conxunto vocal Lugh, Coral Polifónica do Hospital e o Grupo vocal Sólo voces participan nunha gala lírica en dous actos que organiza o Concello de Vilalba coa colaboración do Conservatorio Profesional de Vilalba para o vindeiro sábado 2 de decembro a partir das oito do serán no auditorio municipal Carmen Estévez.
27 Nov 2017

"Unha tarde de ópera" contaraá tamén con Aurelio Chao Fernández ao piano baixo a dirección de Fernando Gómez Jácome.
A entrada é gratuíta.