Catro medallas e un cuarto posto para os deportistas do club de loita de Vilalba esta fin de semana en Madrid

O club Loita Olímpica Vilalba participou esta fin de semana no prestixioso Torneo Villa de Madrid, unha das citas máis destacadas do calendario estatal, que reuniu a máis de 400 loitadores de diferentes categorías.
Ata a capital española desprazouse unha delegación composta por cinco deportistas do NADE Vilalbés, que competiron formando parte da selección galega.
Na categoría U15, Jimena García logrou a medalla de prata, mentres que Héctor Somoza e Enrique Seoane completaron unha excelente actuación conseguindo dúas medallas de bronce.
Na categoría U13, Sara Martínez tamén subiu ao podio cun bronce, e Alejandra Valle rozou a medalla ao quedar en cuarta posición.
O equipo contou coa dirección técnica de Catriel Pehuén, que acompañou aos deportistas a Madrid co combinado galego.
Desde o club destacan o gran nivel amosado polos participantes e o orgullo de representar a Vilalba nun torneo de referencia nacional, no que a loita galega volveu demostrar a súa excelente progresión.