Catro ouros e tres bronces para os deportistas da escola Moo Duk Kwan en Moaña

TerraChaXa
Gabriel Tembras e Beatriz Felpeto lograban as medallas de ouro en técnica no Open Internacional de Moaña tanto en parella coma nas individualmente nas categorías junior masculina e feminina, respectivamente.
Deportistas da escola Moo Duk Kwan en Moaña.
17 Out 2017

Gabriel Tembras e Beatriz Felpeto lograban as medallas de ouro en técnica no Open Internacional de Moaña tanto en parella coma nas individualmente nas categorías junior masculina e feminina, respectivamente.

Tamén en técnica Fernando Pico da Costa e Erika Fernández López lograban o bronce nas categorías benxamín e Carlos Willian Bolaño en infantil.

Foi Uxía Rodríguez García a que conseguía a cuarta medalla de ouro para a escola vilalbesa na modalidade de combate en -59 kg Junior.

0.19420504570007