Catro parroquias da Pastoriza contarán con cursos de memoria a partir do luns

TerraChaXa
As persoas interesadas en participar xa poden formalizar a súa inscrición a través dos teléfonos habilitados polo Concello
cursos-de-memoria-a-pastoriza
8 Sep 2025

O Concello da Pastoriza organiza unha nova edición dos cursos de memoria, que comezarán o 15 de setembro e desenvolveranse en diferentes parroquias do municipio. A iniciativa ten como obxectivo fomentar o exercicio cognitivo e promover o envellecemento activo entre a veciñanza, ofrecendo espazos de aprendizaxe e socialización.

As sesións impartiranse en varias localizacións ao longo da semana. Na Pousada serán os luns de 18:00 a 19:30 horas, mentres que na Rigueira se desenvolverán os martes de 11:30 a 13:00 horas. Na parroquia de Bretoña haberá dúas quendas: os martes de 16:00 a 17:30 horas e os mércores de 18:00 a 19:30 horas. Pola súa banda, en San Cosme de Piñeiro os encontros terán lugar os martes de 18:00 a 19:30 horas.

As persoas interesadas en participar xa poden formalizar a súa inscrición a través dos teléfonos habilitados polo Concello: 982 33 21 97 ou 629 53 47 93. O goberno local anima á cidadanía a sumarse a esta proposta que contribúe a mellorar a calidade de vida e o benestar da poboación.

⚙ Configurar cookies
0.16705918312073