Catro pequenos botan a andar o Punto de Atención á Infancia de Muras

TerraChaXa
O Punto de Atención á Infancia (PAI) de Muras xa abriu as súas portas oficialmente e xa conta con 4 pequenos e un máis que vai empezar en breve.
Captura de pantalla 2019 02 07 a las 11.09.50
13 Feb 2019

O Punto de Atención á Infancia (PAI) de Muras xa abriu as súas portas oficialmente e xa conta con 4 pequenos e un máis que vai empezar en breve. A coordinadorada centro, Alba Pernas, e a súa compañeira Yésica Varela, xa comezaron a funcionar cunha rutina de traballo que combina o xogo libre coas actividades deportivas e artísticas adaptándose sempre á idade dos pequenos, que abarca dos tres meses aos tres anos.

O PAI estableceu un horario de traballo de entre as 8.00 e as 16.00 horas. Aclaran que para facilitar a rutina dos pequenos, a entrada será antes das 10.00 horas e a saída, entre as 12.30 e as 13.00 horas, si non comen no centro. Este non dispón de cociña, pero está previsto que se sirva a que faciliten as familias.

O punto de atención a infancia, atópase no CEIP Antía Cal e o teléfono de contacto é 982 046 048 ou 655 470 548 e a coordinación do servizo se realiza dende os Servizos Sociais do Concello As instalacións, cun ambiente moi familiar e cunha atención individualizada, contan cun despacho, unha zona de descanso, outra de aseo e un espazo lúdico.

Catro pequenos botan a andar o Punto de Atención á InfanciaPara o Concello trátase dunha infraestrutura moi necesaria para poder dar servizo aos pais e que estes podan copaxinar a vida laboral e familiar.

IMG 20190103 WA0000
0.18699812889099