Catro podiums para os atletas de Friol no campionato das Pontes

TerraChaXa
O pasado 17 de marzo disputouse na localidade coruñesa das Pontes o Campeonato Galego de 5 km e onde os deportistas do Atletismo Friol lograban un total de catro podiums.
podium As Pontes
27 Mar 2019

O pasado 17 de marzo disputouse na localidade coruñesa das Pontes o Campeonato Galego de 5 km e onde os deportistas do Atletismo Friol lograban un total de catro podiums.

Noelia Sánchez amosaba unha vez máis o seu bo momento de forma nesta tempada e lograba o subcampionato galego da especialidade na categoría sub 18, facendo en meta un tempo de 19.15 minutos, mentras que a súa compañeira de equipo María Carballido tamén se facía coa segunda posición na categoría sub 20 e, polo tanto, lograba a medalla de prata, cun tempo final de 19.40 minutos.

Tamén tivo unha actuación destacada Nerea Lage, que se adxudicaba a medalla de bronce na categoría sub 18, facendo un tempo final de 19.43 minutos, mentras que, por último, Nemesio Gutierrez tamén finalizaba na terceira posición cun tempo de 19.05 minutos.

Polo que respecta á carreira popular que se disputaba en paralelo a esta proba, tamén houbo podiums para os representantes de Friol, xa que Noelia Sánchez e María Carballido lograban a segunda e terceira posición da clasificación xeral, ademáis de gañar as súas respectivas probas tanto na categoría sub 18 como sub 20. Nerea Lage era segunda na categoría sub 18.

MARÍN

Tamén tiveron unha boa actuación no Campeonato Galego de fondo en pista disputado en Marín o pasado 24 de marzo, e onde os representantes friolenses lograban un total de catro podiums.

Así, Lucía Varela conseguía a vitoria na proba dos 5.000 metros lisos da categoría sub 18, e o facía cun tempo de 19.42 minutos, mentras que a súa compañeira de equipo Noelia Sánchez era segunda e, polo tanto, medalla de prata, cun tempo de 19.43. Nerea Lage remataba na cuarta posición nesta mesma categoría. Tamén subía ao podium María Carballido, que lograba a medalla de bronce cun tempo de 19.47 minutos e por último, Nemesio Gutierrez lograba o subcampionato na proba dos 10.000 metros lisos na categoría máster M60.

0.20951795578003