Catuxa Salom actúa este sábado en Vilalba no programa Emprazadas

TerraChaXa
O folk electrónico encherá este espazo a partir das 20.30 horas
catuxa-salom-en-emprazadas
Emprazadas con Catuxa Salom
31 Xul 2024

As áreas de Cultura, Promoción da Lingua e Mobilidade de Vilalba unen forzas na xa quinta actividade da tempada de verán de Emprazadas, a iniciativa municipal para pór en valor a praza de Santa María que este sábado día 3 de agosto, ás 20:30 horas, traerá á localidade o Folk Electrónico de Catuxa Salom.

A Artista galega de raíces arxentina, é unha das voces máis destacadas e carismáticas do Folk do momento. No 2022 publica o seu disco revelación Nunha aldea, un EP producido por Marcos Bayón que reflicte en cada canción un universo sonoro que vai da música tradicional galega aos ritmos máis latinos. Un disco envolto por unha atmosfera tribal que convida ao baile e nos conecta co noso lado máis puro e salvaxe.

De Aimogasta ás montañas de Lugo Catuxa Salom crea un lugar onde o fogar e o amor pola natureza están moi presentes.

En 2022 e 2023 foi finalista nos Premios Martín Códax da Música Galega na categoría de Músicas do Mundo e é un dos nomes máis atractivos da escena musical galega. 40 concertos avalan a xira de presentación do seu primeiro traballo e na súa visita a Vilalba estará acompañada da súa guitarra e unha loop station.

0.17187809944153