Caxoto estará este xoves na biblioteca das Pontes

TerraChaXa
Este xoves día 17, ás 18:00 horas, na Casa Dopeso a Bilbioteca Rivera Rouco das Pontes organiza un contacontos de Caxoto.
contacontos ambientais caxoto portada
16 Mar 2022

Este xoves día 17, ás 18:00 horas, na Casa Dopeso a Bilbioteca Rivera Rouco das Pontes organiza o contacontos Miña casa, meu lar (Contos Ambientais) da man de Caxoto.

Caxoto é un experto en xestión de residuos... un barrendeiro municipal. A pesar de que parece un traballo rutinario e aburrido, as beirarrúas están cheas de sorpresas e aventuras. A través das súas experiencias aprenderanse as claves para protexer o noso medio ambiente pero con moito humor.

A entrada será de balde, previa inscrición na biblioteca de forma presencial ou telefónica chamando ao número 981 102 562.

0.17328405380249