Cazás acollerá entre outubro e novembro un curso de restauración de mobles
TerraChaXa
Trátase dunha formación gratuíta que require de inscrición previa
12 Out 2024
O Concello de Xermade convoca un curso de restauración de mobles que se desenvolverá varios sábados dos meses de outubro e novembro na escola Casavella de Cazás.
Concretamente o curso terá lugar os días 19 e 26 de outubro e o 2, 9 e 16 de novembro. O horario será de 10.00 a 14.0o horas.
O alumnado achegará unha peza para a súa restauración, martelo, cepillo para madeira, tres trenchas e unhas tenaces.
Durante o curso aprenderase a facer desmontaxe dos mobles e ferraxes, decapado, reparación de ebanistería, tratamento contra o caruncho, tinguidura e remates.
Trátase dun curso gratuíto que require de inscrición a través da Educadora Familiar, no teléfono 678 744 178.