Cazás celebra as festas na honra á Divina Pastora a fin de semana

TerraChaXa
As actividades desenvolveranse nun campo cuberto con carpa, asegurando o bo desenvolvemento dos festexos en caso de mal tempo
festas-cazas-xermade
7 Oct 2025

A parroquia de Cazás, no concello de Xermade, prepara un intenso programa de actividades para celebrar as súas tradicionais festas na honra á Divina Pastora, que terán lugar os días 11 e 12 de outubro.

O sábado 11 celebrarase a misa solemne, procesión e sesión vermú coa orquestra Acordes. Pola noite, a verbena estará amenizada pola mesma orquestra xunto co trío Merengue, garantindo unha xornada de festa e boa música.

O domingo 12 continuará a celebración cunha nova misa solemne, procesión e sesión vermú a cargo do trío Calibre, que poñerá o punto final ás festas de Cazás.

As actividades desenvolveranse nun campo cuberto con carpa, asegurando o bo desenvolvemento dos festexos en caso de mal tempo. O evento conta coa colaboración do Concello de Xermade e diversos patrocinadores locais.

 

⚙ Configurar cookies
0.097628116607666