Cazás, en Xermade, estará de festa o 12 e 13
TerraChaXa
A xornada festiva dará comezo o sábado ás 13.30 horas coa misa solemne, procesión e sesión vermú con Los Adrianos

8 Jul 2025
A parroquia de Cazás, en colaboración co Concello de Xermade, estará de festas a fin de semana do 12 e 13 de xullo na honra á Virxe do Carme e San Xulián.
A xornada festiva dará comezo o sábado ás 13.30 horas coa misa solemne, procesión e sesión vermú con Los Adrianos que, ademais serán os encargados de amenizar a gran verbena da noite xunto a Judith Cundís.
O domingo, a sesión relixiosa será á mesma hora, con misa e procesión; seguida dunha sesión vermú fin de festa, amenizada de novo por Los Adrianos.