CC.OO. foi o sindicato máis votado no comité de empresa de Alcoa

TerraChaXa | LugoXa
As eleccións sindicais de Alcoa concluiron e xa se coñece o reparto de representantes do novo comité, que serán nove de CC.
10 Nov 2019

As eleccións sindicais de Alcoa concluiron e xa se coñece o reparto de representantes do novo comité, que serán nove de CC.OO., outros nove da CIG e cinco de UXT. No resultado global, Comisións foi o sindicato máis votado, cun total de 351 apoios, por 335 da CIG e 228 de UXT.

O censo era de 1.145 traballadores e participaron 931, o 81,91%. No colexio de especialistas e non cualificados elexíanse 17 representantes, dos que sete son de CC.OO., con 277 votos, outros sete da CIG, con 262 votos e tres de UXT, con 135 votos. Neste apartado houbo seis votos brancos e oito nulos.

No cambio no colexio de técnicos e administrativos foi UXT o sindicato máis votado, con 93 apoios fronte aos 74 de CC.OO e os 73 da CIG e cada un dos sindicatos obtén dous representantes. Neste colexio houbo un voto en branco e dous nulos.

A ausencia dunha maioría absoluta obligará ás formacións a falar de apoios nos próximos días para a elección do novo presidente. Por CC.OO. concurriría José Antonio Zan, pola CIG Xosé Paleo, que tiña o cargo ata o momento e pola UXT, Jorge Fernández.

0.12825107574463