CCOO de Industria valora de insuficiente o Estatuto de Consumidores Electrointensivos
Victor Ledo, secretario xeral da Federación de Industria de CCOO de Galicia, salientou "a preocupación e a decepción que supón o proxecto de Estatuto de Consumidores Electrointensivos, que despois da loita e dos esforzos realizados non recolle as reclamacions presentadas durante este periodo para dar estabilidade e competitividade ás empresas do sector industrial electrointensivo en Galicia".
Segundo Ledo "ante esta situación vanse presentar unhas alegacións que primeiro identifiquen ao consumidor hiperelectrointensivo, con condicións espécificas para atender o seu alto custo enerxético na súa producción, da mesma maneira que estase a facer en Francia."
O responsable do sector da Enerxía da Federación Estatal de Industria de CCOO, Jesús Crespo, tamén incidiu na necesidade de que "o Estatuto atenda as necesidades específicas do consumidor hiperelectrointensivo, e non so ás empresas cun consumo enerxético moito menor", con medidas como a compensación de custos por emisións indirectas de CO2, cunha partida integrada nos Orzamentos Xerais do Estado (PGE), da compensación da financiamento das renovables e a coxeneración de alta eficiencia, "medidas que tamén favorezan a transparencia da xestión dos mecanismos das subastas, coa participación das industrias electrointensivas e mesmo dos sindicatos" indicou o responsble sindical.
Tamén interveu na rolda de prensa Juan Carlos López Corbacho, presidetne do Comité de empresa de Aluibérica (antigua Alcoa A Coruña), que sinalou que o proxecto de Estatuto dista moito do prometido polo goberno, e que coas medidas que contén as grandes empresas electrointensivas van ter problemas de competitividade porque o prezo da enerxía sigue a ser moi alto. Corbacho tamén indicou que "a transición ecolóxica ten que ser xusta tamén con este sector, de xeito que as empresas electrointensivas poidan manter producción ao tempo que compensen as emisións e manteñen os cadros de persoal das empresas".
En representación do Comité de empresa de Alcoa San Cibrao interveu Alberto Pulpeiro, que manifestou o descontento co proxecto do Estatuto, que prevé moitas dificultades para poder manter o emprego das 3.000 persoas da comarca que dependen da planta de Alcoa.
Finalmente, Victor Ledo anunciou que "dende CCOO vaise continuar coa presión sobre o proxecto do Estatuto. De feito, o vindeiro 26 de febreiro está convocada unha
concentración diante de Deputación Provincial de Lugo, en apoio de que o Estatuto garante o mantemento da planta de Alcoa San Cibrao, e o 10 de Marzo, Dia da Clase Obreira Galega, a manifestación en Ferrol dese día estará presidida pola defensa da industria en Galicia", xa que ademáis das empresas electrointensivas, tamén está por resolverse a situación da central térmica de As Pontes, e a incidencia que poide ter para o emprego daquela zona, e a situación de EMESA e de ISIDRO 1952, e o recente peche da histórica empresa da comarca ISOWAT.