O CD As Pontes presenta os novos fichaxes para a próxima tempada

TerraChaXa
Trala marcha de Marco Roca, o CD As Pontes xa ten definido o equipo co que contará na nova campaña e que preside o adestrador Luis Santiago, ex de Cerceda, de Boiro, de varios equipos coruñeses xuvenís e das seleccións galegas inferiores.
104827206_2633702450229100_2122842582978982563_o
25 Xuño 2020

Trala marcha de Marco Roca, o CD As Pontes xa ten definido o equipo co que contará na nova campaña e que preside o adestrador Luis Santiago, ex de Cerceda, de Boiro, de varios equipos coruñeses xuvenís e das seleccións galegas inferiores. O conxunto que milita en Terceira división ocupaba antes da suspensión da competición unha das prazas de descenso pero ao desaparecer esa posiblidade terá unha segunda oportunidade o próximo ano.

Continúan do ano pasado, de momento, o porteiro Paco, o lateral dereito Berto, os medios centros Gonzalo, David García e Daniel Pájaro, o extremo Rubén Pardo e o dianteiro Quique.

Ata o momento hai varias novidades, o dianteiro Artai Miraz e o defensa Álex López, ambos procedentes do Galicia de Mugardos, e tamén regresa o media Punta Óscar “La Magia” Martínez, que xa estivera no clube na campaña 2015-16, así como o seu irmán Adrián. Sumouse tamén o laterial esquerdo Borja Pita, dende o Rácing de Ferrol, e Vilela, formado nas categorías inferiores das Pontes.

Causan baixa o dianteiro aresán Carlos, cunha suculenta oferta do Bergantiños, o medio ofensivo viveirense Fidi, e o lateral esquerdo canteirán Álex Cabarcos, que marcha ao Somozas. Tampouco estarán Iván Pérez, Sergio Otero, Sánchez, Marcos Caridad, Maroñas, Dani Fernández, Javi Liz, David Pájaro e Breijo.

 

104166336_2627407584191920_5677201312246663716_o
104234182_2629271584005520_5178049212586741894_o
0.19185709953308