Cela, en Outeiro de Rei, celebra as súas festas
TerraChaXa
O programa comeza o sábado 24 con misa solemne dende ás 13.30 horas e procesión amenizada por Os Xílgaros
18 Ago 2024
Cela, en Outeiro de Rei, celebra as súas festas na honra a San Roque e Santa María a vindeiro fin de semana. O programa comeza o sábado 24 con misa solemne dende ás 13.30 horas e procesión amenizada por Os Xílgaros. O vermú e a verbena estará amenizada polo Dúo Elixir, que estará acompañada pola orquestra Cinema.
O domingo 25 haberá de novo misa solemne e procesión coa banda Sons e Soños de Rábade, Begonte, Outeiro de Rei e Friol. O vermú e a verbena estará protagoniza polo Grupo Ritmo co que darán rematadas as festas desta parroquia.