Celebran o 28 unha ruta de sendeirismo Starlight pola Serra do Xistral

TerraChaXa
Marmar Outdoor, en colaboración co Concello de Muras, organiza un roteiro de sendeirismo nocturna Starlight pola Serra do Xistral o próximo venres 28 de agosto a partir das 21.
Captura de pantalla 2020 08 17 a las 10.43.38
17 Ago 2020

Marmar Outdoor, en colaboración co Concello de Muras, organiza un roteiro de sendeirismo nocturna Starlight pola Serra do Xistral o próximo venres 28 de agosto a partir das 21.30 horas. Trátase dunha actividade gratuíta.

O lugar de quedada será de novo O Viveiró e desde alí partirá un roteiro de nove quilómetros que contará con interpretación das estrelas a cargo de Marcos López Alonso.

Ademais, haberá reportaxe fotográfico sobre esta experiencia. A actividade é gratuíta e para participar nela recoméndase roupa de deporte, preferiblemente longa, calzado deportivo, unha peza de abrigo e unha lanterna ou luz frontal.

A actividade conta con 20 prazas e a inscrición pode realizarse dende a páxina www.marmaroutdoor.es.

Cartel 3
0.096414089202881