Celebran a 23 edición da cea anual dos ex alumnos do colexio Ramón Falcón de Castro de Rei

LugoXa | TerraChaXa
Esta xuntanza iniciouse en xaneiro do ano 2002, e mantívose todos os anos, agás no 2020, debido á covid
cea-ex-alumnos-ramon-falcon
1 Dec 2025

Un ano máis, e xa son 23, os ex alumnos do colexio Ramón Falcón de Castro de Rei, reuníronse nunha cea de confraternidade. Asistiron os nados no ano 1976, e que remataron a EXB no curso 1989/1990.

A xuntanza tivo lugar no restaurante Anllo, de Muimenta, o sábado 29 de novembro e asistiron unhas 25 persoas.

Librada e Chicho entregaron o relevo a Sandra Pérez e Noelia Campo, que organizarán o vindeiro encontro a última fin de semana do mes de novembro do ano 2026.

Esta xuntanza iniciouse en xaneiro do ano 2002, e mantívose todos os anos, agás no 2020, debido á covid.

⚙ Configurar cookies
0.078817129135132