Celebran as festas de San Martiño en Pino, Cospeito

TerraChaXa
O evento contará cun espazo cuberto con carpa para garantir o confort dos asistentes en caso de mal tempo
festas-en-pino-cospeito
4 Nov 2025

Os vindeiros días 8 e 9 de novembro, a localidade de Pino, no concello de Cospeito, celebrará as súas tradicionais festas en honra a San Martiño, cunha ampla programación para todos os públicos.

O sábado 8, as festividades comezarán coa misa solemne ás 13:30 horas, seguida da procesión e a sesión vermú, que estará amenizada pola orquestra Miramar. Pola noite, a diversión continuará coa verbena, na que actuarán as orquestras Miramar e Los Satélites.

O domingo 9, a programación seguirá coas celebracións relixiosas, incluíndo outra misa solemne, procesión e sesión vermú a partir das 13:00 horas, que nesta ocasión estará a cargo da orquestra Escaparate. Ao final desta xornada, daranse por rematadas as festas.

O evento contará cun espazo cuberto con carpa para garantir o confort dos asistentes en caso de mal tempo.

⚙ Configurar cookies
0.070453882217407