Celebran en Abadín un taller sobre envellecemento activo
TerraChaXa
O salón de actos do concello de Abadín acolle unha formación gratuíta sobre envellecemento activo e ocio.
12 Mar 2024
O salón de actos do concello de Abadín acolle unha formación gratuíta sobre envellecemento activo e ocio. A proposta terá lugar o vindeiro mércores 13 de marzo de 10.30 a 13.30 horas.
A actividade será impartida polos profesionais de Afalu, que achegarán a rutina de exercicios, os hábitos e técnicas e as pautas de autocoidado.
Os interesados xa poden realizar a súa inscrición en Servizos Sociais do concello de Abadín ou no correo afalu@afalu.org e no teléfono 607 843 384.