Celebran en Begonte un curso sobre xestión do sono

TerraChaXa
Este terá lugar o 7 de novembro e a inscrición pode facerse ata o día 5
xestion-do-sono-durmir
3 Nov 2025

O Concello de Begonte, en colaboración coa Escola Galega de Saúde, organiza o vindeiro 7 de novembro o curso Xestión do Sono: Durmir ben, vivir mellor, unha actividade gratuíta dirixida á cidadanía en xeral.

O obxectivo do curso é achegar coñecementos sobre a importancia do sono para a saúde física, emocional e cognitiva, identificar os cambios que se producen co paso dos anos e analizar os hábitos e factores que o afectan. Ademais, ofreceranse pautas para mellorar a calidade do descanso adaptadas á idade e ás circunstancias persoais, e fomentarase unha visión crítica fronte ao uso de fármacos para durmir.

A sesión será impartida por Enrique del Arco Herrero, licenciado en Farmacia e técnico en Prevención de Riscos. O curso desenvolverase na Casa da Cultura de Begonte, en horario de 16:30 a 20:30 horas.

As inscricións poderán realizarse ata o 5 de novembro a través dos teléfonos 982 396 143 e 619 455 026, do correo deportes@concellodebegonte.es ou nas oficinas do Concello.

As prazas son limitadas.

⚙ Configurar cookies
0.089127063751221