Celebran en Muimenta o curso de primeiros auxilios pendente

TerraChaXa
O servizo de prevención de condutas adictivas organiza un obradoiro de primeirosauxilios na casa da cultura de Muimenta.
cursos primeiros auxilios
13 Apr 2022

Muimenta acolle un obradoiro de primeiros auxilios dirixido á poboación en xeral que terá lugar lugar na casa da cultura desta localidade o 23 de abril de 10.00 a 14.00 horas. Este celébrase nesta data debido á suspensión da primeira (26 de marzo) por enfermidade da ponente.

Os obxectivos do curso céntranse en adquirir coñecementos básicos sobre o manexo de situacións que requiran actuación de primeiros auxílios básicos e en aclarar dúbidas referentes os primeiros auxilios.

Explicarase como chamar ao 061, a asistencia inicial ante un traumatismo, feridas, hemorraxias, convulsións, crises epilépticas, dificultade respiratoria (ansiedade, crisis asmática), dor torácica, queimaduras e escaldaduras, perdas de coñecemento, hipoglucemias, reaccións alérxicas, intoxicacións, reanimacion cardiopulmonar básica en adultos e infancia, atragantamento e recoñocemento dunha PCR.

A docencia estará ao cargo de Marta Fernández López, enfermeira asistencial da Base de Lugo do 061 Galicia.

As incricións poden realizarse no establecemento Desexos de Muimenta ou coa Asociación de Empresarios, organziadora do curso.

0.16536688804626