Celebran en Pol un obradoiro de elaboración de adornos de Nadal

Pol
LugoXa | TerraChaXa
Será os días 13 e 14 de decembro en horario de tarde, de 16.00 a 20.00 horas
obradoiro-adornos-de-nadal-pol
1 Dec 2025

A Biblioteca de Mosteiro acollerá os días 13 e 14 de decembro un obradoiro de elaboración de adornos de Nadal, unha proposta organizada pola Deputación de Lugo en colaboración co Concello de Pol e integrada no programa da Reserva da Biosfera Terras do Miño. A actividade desenvolverase en horario de tarde, de 16.00 a 20.00 horas, e está pensada para que as persoas participantes poidan aprender técnicas creativas e artesanais coas que decorar os seus fogares durante as festas.

As inscricións poden realizarse chamando ao teléfono 982 345 029 ou nas oficinas municipais. Desde o Concello destacan que este tipo de iniciativas contribúen a dinamizar a vida cultural da parroquia e ofrecen unha oportunidade para fomentar a creatividade e o espírito do Nadal entre veciños e veciñas de todas as idades.

⚙ Configurar cookies
0.085762023925781