Celebran en Pol un obradoiro de elaboración de adornos de Nadal

A Biblioteca de Mosteiro acollerá esta fin de semana, 13 e 14 de decembro, un obradoiro de elaboración de adornos de Nadal, unha proposta organizada pola Deputación de Lugo en colaboración co Concello de Pol e integrada no programa da Reserva da Biosfera Terras do Miño. A actividade desenvolverase en horario de tarde, de 16.00 a 20.00 horas, e está pensada para que as persoas participantes poidan aprender técnicas creativas e artesanais coas que decorar os seus fogares durante as festas.
As inscricións poden realizarse chamando ao teléfono 982 345 029 ou nas oficinas municipais. Desde o Concello destacan que este tipo de iniciativas contribúen a dinamizar a vida cultural da parroquia e ofrecen unha oportunidade para fomentar a creatividade e o espírito do Nadal entre veciños e veciñas de todas as idades.