Celebran en Vilalba este sábado unha charla informativa sobre o tratado UE-Mercosur

TerraChaXa
Na xornada participará o deputado nacionalista Nino Fernández, recoñecido polo seu traballo centrado na defensa do medio rural
charla-mercosur-vilalba
5 Mar 2026

A Liga Santaballesa de Vilalba será escenario este sábado 7 de marzo, ás 17.00 horas, dunha charla informativa arredor do tratado entre a Unión Europea e Mercosur e das posibles consecuencias da súa aplicación. O acto, organizado polo BNG, está aberto a toda a veciñanza interesada en coñecer de primeira man o impacto que este acordo podería ter no territorio.

Na xornada participará o deputado nacionalista Nino Fernández, recoñecido polo seu traballo centrado na defensa do medio rural, do sector gandeiro e da Política Agraria Común (PAC) para os sectores produtivos galegos. Xunto a el tamén intervirá o responsable local, Xabier Novo.

Durante a sesión analizaranse as implicacións que o tratado podería supoñer para a economía local, especialmente para o sector primario, así como para o conxunto da cidadanía. A organización anima a asistir a todas aquelas persoas preocupadas polas posibles repercusións do acordo, nun encontro que busca ofrecer información, abrir debate e resolver dúbidas sobre unha cuestión de actualidade que afecta directamente ao rural galego.

0.12626600265503