Celebran este domingo en Vilalba o I Torneo de Touchtennis

TerraChaXa
O Club de Tenis Vilalbés organiza este domingo 5 o I Torneo de Touchtenis no pavillón de Vilalba a partir das 9.00 horas.
TORNEO TOUCHTENNIS VILALBA PORTADA
1 Dec 2021

O Club de Tenis Vilalbés organiza este domingo 5 o I Torneo de Touchtenis no pavillón de Vilalba a partir das 9.00 horas. Trátase dunha nova modalidade deste deporte que se disputa en pistas máis pequenas e con sets máis curtos.

A competición está establecida para as categorías infantil, cadete, absoluto e maiores de 35, tanto masculino como
feminino.

O prazo de inscrición estará ata o xoves e os interesados en participar poderán inscribirse na web www.ibertenis.com ou
a través do correo electrónico ctvilalbes@gmail. com. A cota é de 15 euros —co 50% de desconto para membros do club, alumnos da escola municipal de tenis ou empadroados en Vilalba—.

Haberá trofeos para os campións e subcampións de cada categoría do torneo e repartiranse 1.000 euros en material deportivo para todos os semifinalistas e finalistas.

TORNEO DE TOUCHTENNIS VILALBA
0.14576315879822