Celebran este venres un obradoiro de Samaín na Escola Habanera de Guitiriz
TerraChaXa
As inscricións son gratuítas, pero as prazas son limitadas a 20 persoas
23 Out 2024
O Concello de Guitiriz celebrará un Obradoiro Sostible de Samaín na Escola Habanera este venres, 25 de outubro. Nesta actividade medioambiental decorarase a entrada do edificio con materiais sostibles e reciclables.
Será en horario de 16:00 a 19:00 horas e está destinado a todos os públicos, aínda que os menores de 7 anos terán que ir acompañados dunha persoa adulta.
As prazas están limitadas a 20 persoas, polo que é preciso realizar unha inscrición previa, ben de xeito presencial no Concello ou chamando por teléfono ao 982 37 01 09. O prazo para anotarse nesta actividade xa está aberto e pechará cando se completen as prazas, que serán concedidas por rigorosa orde de inscrición.