Celebran na Pastoriza un curso de manipulador de alimentos
TerraChaXa
O Concello da Pastoriza acollerá o día 10 de abril, a partir das 16.00 horas, un curso de manipulador de alimentos.
29 Mar 2021
O Concello da Pastoriza acollerá o día 10 de abril un curso de manipulador de alimentos, obrigatorio para traballar en hostalaría, supermercados, comedores, etc.
A formación estará ao cargo dun técnico en hixiene alimentaria autorizado e rexistrado pola Xunta de Galicia no ano 2010.
O lugar de celebración será a aula de formación do Concello na nave situada no polígono industrial da Pastoriza a partir das 16.00 horas.
Os interesados en incribirse poden facelo de luns a venres no teléfono 629 276 242.