Celebran nas Pontes un curso de construción de palletas

TerraChaXa
Será este sábado na Casa do Dopeso a cargo de Jaime Pena
curso-de-palletas-as-pontes
Cartel do evento
23 Maio 2024

Canavella, en colaboración co Concello das Pontes, organiza un curso de construción de palletas este sábado 25 de maio.

Imparte o curso Jaime Pena, que está considerado o mellor palleteiro do mundo, que ademais toca a gaita neste grupo.

O curso será de mañá e tarde, dende as 10.00 ata as 20.00 horas, con pausa para o xantar, e terá lugar na Casa Dopeso.

Para participar é preciso enviar un WhatsApp a Jaime Pena. O número de prazas está limitado a 12. Respectarase a orde de inscrición.

0.080007076263428