Celebrarán o día 22 a II Ruta BTT de Friol

TerraChaXa | LugoXa
A II Ruta BTT por Friol, organizada polo club local, terá lugar o domingo 22 de outubro para ciclistas maiores de 15 anos con licenza.
ruta btt friol portada
18 Out 2022

A II Ruta BTT por Friol, organizada polo club local terá lugar o domingo 22 de outubro para ciclistas maiores de 15 anos en posesión de licenza federativa. Esta constará de dúas rutas, a longa de 70 km e 1.800 metros de altitude, e a curta de 40 quilómetros e 750 metros. Hai un límite de 350 partipipantes.

Terá un prezo de 28 euros cun desconto para os federados de 10 euros. A inscrición inclúe o xantar.

Segundo explicaron dende a organización, non se aceptarán inscricións o día da proba e a recollida de dorsais terá lugar entre as 8.00 e as 8.45 na mesma praza Andón Cebreiro, onde estará situada a saída e a meta. As dúas rutas terán saída ás 9.00 horas.

Haberá avituallamento durante as dúas rutas.

ruta btt friol
0.052502870559692