Celébrase en Meira a novena edición do roteiro Avelino Díaz
Esta primeira fin de semana de setembro terá lugar a novena edición do roteiro Avelino Díaz que comezará o sábado, día 2, ás 20.00 horas, coa actuación na praza Maior de Meira do grupo de música tradicional A Chocolateira, de Pontenova. Ese mesmo día, ás 22.00 h., na tapería O Arguiñano celebrarase unha cea reivindicativa sobre a figura de Avelino.
Xa o domingo, a partir das 11.00 horas, desde o Parque Río Barxa partirá a andaina que rematará na Escola da Órrea sobre as 14.00 horas aproximadamente. Haberá pinchos variados na Escola da Órrea e proxectaránse novos vídeos sobre a figura de Avelino Díaz.
Para participar será necesario inscribirse e pode facerse tanto na cea como no roteiro individualmente ou nas dúas cousas. O prazo remata o venres, día 1 e os teléfonos de contacto son o 636 721 008, 647 904 828, 606 699 777 e o 618 480 957.