O Celeiro Club del Mar insta ás institucións a facer as obras de mellora no campo

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
A directiva do Celeiro Club del Mar vén de facer un chamamento público para instar ás institucións a facer as obras de mellora no campo de fútbol.
18 Xul 2020

A directiva do Celeiro Club del Mar vén de facer un chamamento público para instar ás institucións a facer as obras de mellora no campo de fútbol.

"Pedimos ao Goberno local, que dirixe a socialista María Loureiro, aos partidos da oposición, á Xunta de Galicia e á Deputación que intenten traballar xuntos como xa fixeron noutras ocasións e poñan un gran de area e acometan por fin as obras do campo de Lavandeiras en Celeiro", din.

Mediante estas obras o club poderá xogar a vindeira tempada na casa, e din que levan dende o 2014 pelexando por estas obras. "Entendemos que xa é o momento de que Celeiro poda ver xogar aos seu equipo no seu pobo, para eso se fixo ese campo", recalcaron.

0.084954977035522