Cena de confraternidade en Guitiriz para persoas que viven soas
O Concello de Guitiriz organiza o día de Reis un Xantar de Confraternidade dirixido a todos aqueles veciños e veciñas do municipio que por diferentes razóns viven sos.
Todas aquelas persoas que estean interesadas en asistir poden anotarse nos Servizos Sociais do Concello ata a xoves día 4 de xaneiro ás 14:00 h.
O que se pretende con esta actividade é que todas as persoas que residan soas podan disfrutar da compaña doutros veciños na súa mesma situación nestas datas tan significativas e especiais. Esta iniciativa xa leva varios anos facéndose e sirve para que moitos veciños se coñezan e favorezan as relacións interpersoais, que dado o carácter rural e disperso do mesmo non se coñecerían se non fose por actividades deste tipo.
Por outra banda, o Concello de Guitiriz repartiu o día de Noiteboa un total de 20 ceas a persoas que viven soas e non teñen a posibilidade de acudir a casa de ningún familiar.