Centos de paraugas de cores alegran o inicio das festas en Vilalba

TerraChaXa
A praza da Constitución de Vilalba amenceu ateigada de paraugas de cores coa idea de “aledar e dar vida” ás festas de San Ramón e Santa María.
1 1
30 Ago 2019

A praza da Constitución de Vilalba amenceu ateigada de paraugas de cores coa idea de “aledar e dar vida” ás festas de San Ramón e Santa María. O goberno municipal sorprendeu con esta idea que veciños e veciñas aplaudiron contentos coa iniciativa.

“Pensamos nalgunha idea distinta para as nosas festas, que servira tamén como atractivo para visitar Vilalba, e por suposto aledar aos vilalbeses e vilalbesas”, comenta o promotor da iniciativa e tenente de alcalde, Rodrigo Pavón. A inspiración chegou de máis aló das nosas fronteiras, en concreto dunha vila portuguesa, Águeda, onde se creou o proxecto Umbrella Sky. “Este tipo de arte urbano tamén ten cabida en Vilalba, pois necesitabamos aires novos en todos os sentidos”.

Foron moitas as persoas que se achegaron desde a primeira hora da mañá para sacar fotografías dos preto de 400 paraugas que adornan a praza principal de Vilalba, e que permanecerán durante as festas patronais “como símbolo tamén da diversidade e a modernidade cara á que debe camiñar un Concello como o noso”.

1
0.17650103569031