Centos de persoas participaron no Convivio da Cultura Galega de Outeiro de Rei

TerraChaXa | LugoXa
Centos de persoas celebraron hoxe en Outeiro o X Convivio da Cultura Galega, o encontro anual do asociacionismo cultural de base.
convivio cultura galega outeiro de rei6
10 Xul 2023

Centos de persoas celebraron en Outeiro o X Convivio da Cultura Galega, o encontro anual do asociacionismo cultural de base. A xornada estivo presidida polo ambiente festeiro que encheu a Carballeira de Santa Isabel desde pola mañá, onde as persoas asistentes puideron gozar coas actuacións da Banda de Música Sons e Soños acompañada pola fadista galega Iria Estévez o guitarrista portugués Artur Caldeira e a foliada, conducida por Xurxo Souto, que serviu poara poñer o colofón ao convivio.

Por décimo ano consecutivo, a Casa Museo Manuel María acolleu a xuntanza das asociacións que integran a Federación Galiza Cultura. Tamén se celebrou unha ofrenda a Manuel María e Saleta Goy no cemiterio de Outeiro.

Manuel Ansede, presidente da Fundación de Estudos Galegos Manuel María e co organizador do convivio desde a primeira edición quixo salientar a “boa acollida” desta iniciativa que “equilibra festa e cultura”. Nos dous eidos aprecia unha evolución nestes dez anos “no cultural pasou de ser un lugar de intercambio de expereincias a un lugar no que xorden iniciativas de traballo conxunto; no ámbito da festa traballamos para visibilizar unha pluralidade de expresións artísticas saídas das entidades de base”.

O encontro está organizado pola Casa-Museo Manuel María e a Federación Galiza Cultura, co apoio da área de Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

0.15227794647217