Cervo acolle o I Certame de banda deseñada en contra da violencia de xénero

TerraChaXa | AMariñaXa
Cervo acolle o I Certame de banda deseñada en contra da violencia de xénero
IMG 20200823 WA0011
30 Nov 2020

O Concello de Cervo acolle o I Certame de banda deseñada en contra da violencia de xénero.

As obras deben ser orixinais, de creación propia e feitas con técnica libre.

O formato será cómic, cun máximo de dúas páxinas A4 e con guión en galego, ou ilustración cunha soa páxina A3 máximo.

Os traballos deberán presentarse antes do 9 de decembro na casa da cultura de San Cibrao ou no caso de facelo por email, dinamizacion@concellodecervo.com, terán que ter unha resolución mínima de 300 ppp.

Este certame está dirixido a todas as persoas maiores de 13 anos e contarán con tres premios.

Consulta aquí as bases completas deste certame convocado a través das delegacións de Muller e Igualdade e de Educación do Concello de Cervo

IMG 20200823 WA0007
0.20415616035461