Cervo acolle unha actividade teórico-práctica sobre os coidados do dorso
TerraChaXa | AMariñaXa
Cervo acolle unha actividade teórico-práctica sobre os coidados do dorso
4 Dec 2020
Desde o Concello de Cervo, en colaboración con Pasiños na Lúa, un dos establecementos situados no Centro de Emprendemento de Sargadelos, programan unha actividade teórico-práctica específica gratuíta para aprender a coidar o dorso.
Esta actividade está dirixida a todos os públicos e será no auditorio da casa da cultura de San Cibrao o luns 7 ás 18 horas.
Para participar é necesaria a previa inscrición por whatsapp no 678 11 06 41.