Cervo adquire unha marcadora de paintball para combater á vespa velutina

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
9 sep 2019

O Concello de Cervo continúa a poñer todo o que está ao alcance da súa man para tratar de minimizar o impacto da vespa velutina no termo municipal.

Nesta ocasión, a Administración local vén de adquirir novo equipamento para eliminar os niños que están a maior altura, inalcanzables coa pértega da que se dispón.

En concreto, e logo de comprobar en directo vai dez días a súa eficacia, o Concello vén de mercar unha marcadora de paintball, que supuxo un investimento de preto de 3000 euros, que dispara cápsulas que conteñen insecticida e que penetran nos niños de ata 40 metros de altura, provocando a súa perda de actividade.

 

0.10704684257507