Cervo demándalle a Fomento a construción dun paso elevado para peóns na N-642

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O rexedor, Alfonso Villares, trasladoulle á subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, na Xunta Local de Seguridade celebrada recentemente, a necesidade de construír un paso elevado para peóns na N-642, á altura do cruzamento cara Cervo.
14 Ago 2019

Villares, que se desprazou ata a zona, co concelleiro de Protección Civil, Alfredo Fernández, e co edil de Turismo, David Rodríguez precisou "que esta estrada, que conta con catro carrís e que ten moito tráfico, resulta moi perigosa para os peóns que transitan pola zona e que teñen que cruzala para acceder ao Cento de Saúde ou ao núcleo de Cervo".

Trátase dunha infraestrutura necesaria -engadiu- para mellorar a seguridade dos viandantes.

0.091266870498657