Cervo festexa hoxe cos nenos o Samaín

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O Concello de Cervo contempla un amplo abano de posibilidades para este día 1, festivo.
Captura de pantalla 2020 02 03 a las 7.56.23
1 Nov 2019

O Concello de Cervo contempla un amplo abano de posibilidades para este día 1, festivo. No Ecomuseo haberá, dende ás 11 horas para os alumnos de Primaria e dende ás 11.45 para os de Infantil, un taller de contos e cómics de Samaín. Os máis pequenos pintarán os seus propios debuxos.

A partir das 12.30, Caxoto fará as delicias dos asistentes ao seu contacontos coa Trastenda dos Contos, narracións de medo que sen embargo deixan durmir.

E na Casa do Mar de San Cibrao, a partir das 17.30 horas, o día culminará cunha festa infantil de Samaín, na que haberá baile, xogos, merenda, música, pintacaras e sorpresas.

0.15502882003784