Cervo iluminará de verde varios edificios con motivo do Día Mundial Contra o Cancro

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
3 Feb 2020

O Concello de Cervo, a través da delegación de Sanidade, que dirixe, Mali Méndez, iluminará de verde diferentes edificios e infraestruturas públicas ao longo da semana que vén con motivo do Día Mundial Contra o Cancro, que ten lugar o 4 de febreiro.

Os lugares escollidos serán a Casa do Concello, a Casa da Cultura, as antigas fábricas de Salazón e a fonte do Parque Reina Sofía.

Ese mesmo día, tal e como anunciou Méndez, haberá unha charla na Casa da Cultura, ás 18:00 horas, sobre o cancro e a súa prevención, a cargo de Estefanía Corcoba e Andrea Casais, traballadora social e psicóloga da AECC en A Mariña

 

0.14968991279602