Cervo mellora as pistas de pádel do complexo deportivo da Veiga

TerraChaXa | AMariñaXa
O Concello de Cervo está a mellorar estes días as dúas pistas municipais de pádel situadas no complexo deportivo da Veiga.
Captura de pantalla 2020 05 05 a las 11.49.40
3 Nov 2020

O Concello de Cervo está a mellorar estes días as dúas pistas municipais de pádel situadas no complexo deportivo da Veiga.

O edil de Deportes, David Rodríguez, achegouse ata as instalacións para supervisar o inicio da actuación, que tal e como explicou, “consistirá en cubrir a pista que carecía de protección; e pecharemos as dúas lateralmente a partir dunha altura de 2,45 metros, co que cremos que as condicións de xogo mellorarán substancialmente, podendo utilizar as pistas sexa cal sexa a situación meteorolóxica; algo que ata o de agora tiña as súas limitacións”.

Rodríguez explicou que durante o tempo que se prolonguen os traballos –previsiblemente un mes- as persoas usuarias non poderán utilizar loxicamente as instalacións nin reservar pista.

A obra conta cun orzamento total de 60.000 euros, dos cales o 65% está aportado pola Xunta de Galicia, a cargo da subvención para a creación e/ou mellora das infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais.

O edil agradece a comprensión das persoas usuarias por este tempo no que as instalacións quedarán inutilizadas, pero precisou “que durante este inverno xa poderemos desfrutar, se a situación o permite, dunhas pistas renovadas e adaptadas para a práctica dunha actividade deportiva que día a día gaña adeptos”.

0.18269491195679