Cervo parará a actividade municipal hoxe en apoio a Alcoa

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O Concello de Cervo convida ao persoal municipal a sumarse por segunda semana consecutiva á concentración promovida polo Comité de Empresa de Alcoa que terá lugar o venres, 4 de outubro, na entrada da fábrica, entre as 14.
4 Out 2019

O Concello de Cervo convida ao persoal municipal a sumarse por segunda semana consecutiva á concentración promovida polo Comité de Empresa de Alcoa que terá lugar o venres, 4 de outubro, na entrada da fábrica, entre as 14.00 e as 14.30 horas “co obxectivo de reivindicar un prezo da enerxía competitivo que garanta o emprego e a permanencia a empresa do aluminio na nosa zona”.

Tal e como explicou o rexedor, Alfonso Villares, reunimos de novo ao Comité de Empresa do Concello para “convidar aos empregados a que se sumen unha semana máis a esta protesta, pechando os servizos que presta a Administración local ás 13.30 horas, agás o da Escola Infantil Municipal, como prestación esencial para favorecer a conciliación familiar”.

Villares insistiu na importancia de visibilizar o noso problema, “todos os mariñáns temos que ser conscientes de que o posible peche de Alcoa nos afectaría a todos, absolutamente a todos dun xeito irreversible; polo que temos que botar man de todas as armas que temos ao noso alcance para tentar evitar ese abismo ao que se pode asomar a nosa zona”.

O rexedor fixo fincapé na idea de que estas mobilizacións non teñen siglas, son un chamamento para que toda unha Comarca berre ao unísono “para facernos escoitar e que Goberno central nos dea xa unha solución a esta grave situación”.

0.14878702163696