Cervo programa unhas xornadas de sensibilización con motivo do 25N

TerraChaXa | AMariñaXa
Cervo programa unhas xornadas de sensibilización, concienciación e condena da violencia de xénero, con motivo do 25N
Cervo programa unhas xornadas de sensibilización con motivo do 25N
24 Nov 2020

O Concello de Cervo, a través da delegación de Muller e Igualdade que dirixe Pilar Armada, en colaboración coa concellería de Educación e da asociación Mulleres en Igualdade de Cervo, programa unhas xornadas de concienciación, sensibilización e condena da violencia de xénero, con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, que ten lugar cada 25 de novembro.

Tal e como explica Armada, promovemos un certame de banda deseñada dirixido á comunicade escolar, cuxas bases de participación publicaremos o mesmo día 25 de novembro, na páxina web municipal e nas redes sociais do Concello.

Ademais, durante toda a semana, iluminaremos de morado os diferentes edificios públicos como símbolo de repulsa da violencia de xénero e en apoio a todas as mulleres que sofren ou sufriron nas súas vidas esta lacra.

O xoves, 26 de novembro, instalarase no Mercado Semanal de San Ciprián que se celebra na Praza dos Campos, un Punto Lila de información; e tamén propoñemos –engade- para o venres 27 un taller de achegamento entre mulleres baixo o epígrafe “ver para crecer”, que terá lugar na Casa da Cultura, ás 17:00 horas. Debido ás limitacións pola COVID-19, o aforo estará limitado a 5 persoas por grupo, polo que a fin de deseñar a actividade as persoas interesadas en participar neste taller gratuíto deben inscribirse no correo xornadas25n@gmail.com ou no teléfono 982 55 77 77.

Convócase tamén un minuto de silencio o mércores, 25 de novembro, ás 12:00 horas, tanto na Casa do Concello como na Casa da Cultura; que terá lugar de novo o xoves á mesma hora no Mercado da Praza dos Campos en recordo das vítimas da violencia machista.

Desde o Concello de Cervo animan a participar nas diferentes actividades propostas nestas xornadas con responsabilidade e respectando todas as medidas de prevención fronte ao coronavirus.

0.16500806808472