Charla café en Burela polo Día da Muller Afrodescendente
O vindeiro venres, 26 de xullo, terá lugar en Burela unha charla-café con motivo da celebración do Día Internacional da Muller Afrodescendente. Será no hotel Galatea ás oito da tarde, segundo informa a Concellería de Cooperación e Inmigración.
Angélica Gómez comenta que “a actividade ten coma obxectivo empoderar ás mulleres inmigrantes de Burela e incentivalas a participar activamente e implicarse no desenvolvemento de políticas que afectan ás súas comunidades. A intención é crear redes de apoio a través dun espazo seguro para o diálogo e a creación de liñas de traballo en pro das poboacións minoritarias”.
A proposta atópase enmarcada nunha serie de actividades que veñen tendo lugar ao longo deste 2019 a través do novo programa de mediación social e intercultural, do que se encarga a técnica Zinthia Álvarez Palomino.
Para asistir a este encontro denominado Tecendo redes é preciso inscribirse no Concello de Burela.