Charla de seguridade para maiores, este mércores en Guitiriz

TerraChaXa
O vindeiro mércores 11 de xaneiro, a Casa Habanera de Guitiriz acollerá ás 11.
8 Xan 2023

O vindeiro mércores 11 de xaneiro, a Casa Habanera de Guitiriz acollerá ás 11.00 horas unha charla informativa sobre o  Plan maior de Seguridade.

Esta sesión será impartida polo Equipo Plan Director da Garda Civil e está dirixida á prevención e mellora da seguridade dos maiores.

Falarán de como reaccionar ante diferentes riscos e ameazas e como detectar estafas ademais de diferentes consellos para evitar accidentes, tanto na casa como nas rúas e outras medidas de autoprotección.

0.20155501365662